Bolsa de remuda de negocios

Actividades profesionais, científicas e técnicas
Data límite para a remuda 10/04/2026
Polo Ferrol

VYO OPTICA

VYO ÓPTICA é unha óptica familiar con máis de 40 anos de experiencia 10 dos cales baixo a actual administración.

Especializámonos na venda de lentes de contacto, lentes graduadas, monturas, lentes de sol e servizos de prevención ocular, como retinografías e tonometrías. Tamén ofrecemos lentes de protección deportiva e de seguridade.

O motivo do traspaso é o falecemento da dona. Búscase un cambio de aire e nova motivación. Oportunidade para manter un negocio consolidado e de confianza na comunidade.

A persoa que remuda o negocio está aberta a continuar traballando na óptica como empregada e aportar o seu coñecemento e capacidade para xestionar a tenda e engadir o seu valor como audioprotesista.

VOLVER